17:00
Paula Carballeira con 'Camiños de mar, terra e vento'

Paula Carballeira con "Camiños de mar, terra e vento"

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Espectáculo de narración oral de Paula Carballeira que leva por título "Camiños de mar, terra e vento".
Paula vai contar contos que viaxan, de boca en boca, pola terra, polo mar e, sobre todo, polo aire.
A actividade vai dirixida para nenas e nenos entre 4 e 8 anos.
Billete (2 euros). É necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
Paula Carballeira, contadora, foi convidada aos principais festivais e eventos de narración oral nacionais e internacionais. Tamén é actriz, membro da compañía Berrobambán; directora de teatro, levando adiante producións tanto para a súa compañía coma para outras; dramaturga, con moitísimos premios, entre outros o de Premio estatal de literatura dramática en 2023; e ten máis de trinta libros publicados (álbum ilustrado, narrativa, poesía, teatro, ensaio), moitos deles traducidos a varias linguas, e a maioría pensados tamén para a infancia e a xuventude.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android