17:00 hasta las 17:50
Paco Nogueiras, con C@nto contigo, este sábado na Casa-Museo Manuel María
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Este sábado, 24 de xaneiro, ás 17 hrs, Paco Nogueiras estará na Casa-Museo Manuel María co seu espectáculo "C@nta contigo".
Paco Nogueiras fará un percurso por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.
O espectáculo vai dirixido para nenas e nenos e as súa familias. O billete é de dous euros e é necesario facer reserva previa en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
A actividade conta coa axuda do Concello de Lugo.


