A Casa-Museo Manuel María programa para este sábado, 25 de outubro, ás 19.30 hrs, o filme de Margarita Ledo Andión, "Prefiro condenarme". A directora manterá ao final da proxección un coloquio coas persoas asistentes.
Sipnose. A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, confróntanos cunha nai díscola, unha órbita familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, por mor dunha filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Tal unha nova Antígona, Sagrario colócase fóra da regra e ao desobedecer reivindica, canda a lei non escrita, o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.
A fita, de oitenta e oito minutos, producida por NÓS Produtora Cinematográfica Galega, conta co seguinte reparto: Sagrario Ribela Fra, Nardo Beceiro Ribela, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro e Antón Lopo.
As persoas interesadas en asistir poden reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar