Este sábado, 24 de maio, Sole Felloza convídanos a facer un roteiro imaxinario por Outeiro de Rei e pola Terra Chá no decorrer dun paseo que faremos pola propia parroquia natal de Manuel María, san Xoán de Outeiro de Rei. Durante a camiñada faremos paradas en lugares presentes na obra de Manuel María, que aproveitará Sole para nos contar algúns dos relatos do propio escritor publicados en "A tribo ten catro ríos" e "Cando o mar foi polo río". Actividade libre, dirixida para público adulto e xuvenil. Saímos da Casa-Museo ás 18 hrs. Lembrar de vos anotar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar