Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
Este sábado, 8 de marzo, ás 17 hrs, poderemos disfrutar, na Casa-Museo Manuel María, das marionetas de fío que nos traen Trécola Producións co espectáculo The Piccole Theatre . Un show protagonizado por grandes artistas de madeira e cartón pedra que realizan acrobacias, números musicais, de maxia ou cómicos. Un espectáculo que sorprenderá, fará rir e participar os asistentes de todas as idades. A actividade vai dirixida para nenas e nenos entre 4 e 11 anos e para asistir (billete 2 euros) é necesario inscribirse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar