Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
O Auditorio Municipal Gustavo Freire volverá ser este Nadal un dos grandes epicentros culturais da cidade cunha programación especialmente dirixida ao público infantil e ás familias. Entre o 26 e o 30 de decembro, o espazo acollerá unha nova edición do ciclo IV Medrando no Nadal, As entradas para cada función terán un prezo simbólico de 3 euros e o público poderá escoller entre dous pases diarios, ás 17:00 e ás 18:30 horas, cun aforo de 80 persoas por pase. Tanto os menores como as persoas adultas deberán retirar entrada para acceder ao auditorio. Ademais, con calquera das entradas será posible desfrutar previamente de “Un Mar de Xogos”, unha instalación lúdica creada por Bico de Toupa que permanecerá aberta no propio auditorio entre as 16:00 e as 18:30 horas. Pensando nas familias que desexen participar en varias propostas, a área de Cultura ofrece un bono para cinco funcións por 10 euros, dispoñible do 15 ao 20 de decembro en entradaslugo.es. A partir do día 21 iniciará a venda das entradas individuais.
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar