Dos cumios do Courel ata os Canóns da Ribeira Sacra baixan, como segredos do vento, as melodías ancestrais e ritmos tribais de PEITOESCURO.
Salvaxe na súa esencia, este artesán sonoro érguese como un canto de paxaros entre as ruínas dun rural ferido.
Con cantigas populares, versos poéticos e ritmos ancestrais, PEITOESCURO eleva a tradición folclórica ibérica utilizando recursos electrónicos co fin de amplificar os latexos das serras.
Destes procesos nace un espectáculo contemporáneo onde o movemento e as emocións acadan unha potencia no escenario que non deixarán pel sen estremecer nin peito sen esperanza. Unha posta en escena valente, vibrante, para un futuro que necesita lembrar a sabedoría do rural para florecer.
“SEMENTE NA FENDA” dá nome ao seu álbum debut, producido por Iago Pico, que nos convida a bailar no ritual do enterro das sementes: unha exploración da escuridade necesaria para espertar na procura da luz.
VÉMONOS NOS SENDEIROS.
Casa da Cultura de Burela
Sábado 6 de decembro de 2025 ás 19:00 horas
Entrada de balde
Fuente: https://burela.org/es/peitoescuro-0
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar