19:00
Molto Barroco

Molto Barroco

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Molto Barroco é, antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca.
Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares.
Pero, paralelamente, o espectáculo nútrese doutra sinxela trama, unha sorte de comedia de enredo entre o Rei, a súa prometida e, se cadra, futura Raíña e o Compositor. Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun Bufón de actitude irreverente.

Casa da Cultura de Burela
Sábado 7 de marzo de 2026 ás 19:00 horas
Para todos os públicos
Entrada: 3,00 euros
Venda de entradas na taquilla da Casa da Cultura unha hora antes da función

Fuente: https://burela.org/es/molto-barroco-0

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android