18:00
A Toupiña

A Toupiña

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

A Toupiña saíu do seu tobo e algo lle caeu na cabeza… a modo de pucho cheirento! Así comeza a historia de "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
Moi indignada, percorre a granxa decidida a descubrir quen dos animais —a pomba, o cabalo, a lebre...— foi o responsable de semellante agravio.
Trátase dunha obra divertida, escatolóxica e chea de humor, que provoca gargalladas e fai que o público empatice coa pequena toupiña, ferida no seu orgullo.
O ecoloxismo, a reutilización e a reciclaxe están tamén presentes nun espectáculo que convida a ter unha visión diferente dun tema tan natural como a vida mesma, ao tempo que propón unha reflexión sobre o final do conto: A vinganza é realmente a opción correcta?
Con esta peza foméntase a curiosidade, o coñecemento e respecto polos animais, e estímase a intelixencia emocional, o recoñecemento das diferenzas e o gusto pola investigación, nun ambiente de misterio e diversión.

Casa da Cultura de Burela
Sábado 25 de abril de 2026 ás 18:00 horas
Público a partir de 2 anos
Venda de entradas en Ataquilla.com

Fuente: https://burela.org/es/a-toupina-0

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android