18:00
A Tarabela Ambulante: IDEA

A Tarabela Ambulante: IDEA

Esta é a historia de Mariña, unha nena que grazas ao aburrimento se converte en idea!
O seu pensamento ten forma de tarabela de cores. Unha tarabela de 2,20m de altura que cada vez que xira fará que se lle vaian ocorrendo un lote de ideas mentres xoga na súa habitación. Así, irase enfrontando a dragóns, a xigantes, aprenderá a usar o inxenio e ata tocará o violoncello. Usará a linguaxe do xogo, mediante a cal poderemos entrar no seu universo, no que encarnará a distintos personaxes fantásticos. E a iso tamén nos axudarán os seus enormes xoguetes, a música, os efectos visuais e sonoros e o vestiario.

Casa da Cultura de Burela
Martes 30 de decembro de 2025 ás 18:00 horas
Entrada de balde
Público familiar

Fuente: https://burela.org/es/a-tarabela-ambulante-idea-0

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android