Do venres 13 ao mércores 18 de febreiro de 2026
> Desfile o domingo 15 a partir das 17:00 horas desde a Rúa do Ril ata a Praza da Mariña con 4.000 euros en premios e música DJ e chocolatada tralo desfile
# Obradoiros infantís
# Pintacaras
# Xogos
# Música
# Bailes
# Enterro da sardiña
O Concello de Burela anuncia a celebración do Entroido 2026, que se desenvolverá do venres 13 ao mércores18 de febreiro, cunha programación na que destaca o desfile de Entroido, previsto para o domingo 15 de febreiro a partir das 17:00 horas, con saída desde a Rúa do Ril e chegada á Praza da Mariña.
O desfile contará con 4.000 euros en premios e vales de ACIA Burela, repartidos en oito categorías, e incluirá tamén música DJ e chocolatada na Praza da Mariña unha vez remate o percorrido.
No apartado de premios, establécense categorías infantís para participación individual, en parella e en grupo, así como categorías de adultos nas mesmas modalidades. Ademais, inclúense premios especiais para carrozas e para charangas e comparsas.
A concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, animou á participación e á celebración nas rúas, convidando “á veciñanza e a todas as persoas que se acheguen a Burela a vivir o Entroido con nós: disfrazarse, encher as rúas e gozar dunha programación pensada para divertirse, bailar e compartir. O Entroido de Burela é festa, participación e moi bo ambiente.”
O Entroido de Burela completarase con actividades como obradoiros infantís, pintacaras, xogos, música, bailes e o enterro da sardiña, dentro das datas previstas entre o 13 e o 18 de febreiro.
+Info: Desfile Entroido Burela 2026
+Info: Bases reguladoras da concesión dos premios correspondentes ao desfile de disfraces do entroido Concello de Burela 2026
Fuente: https://burela.org/es/entroido-burela-2026-0
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar