QUE É PRODUART? Produart é unha plataforma de exposición comercial-feiral que intenta poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos da nosa comarca, A Mariña Lucense, e doutras colindantes, así como doutros puntos do estado español, dende a óptica da sustentabilidade e da conservación do medio. OBXECTIVOS DE PRODUART XXII Como feira de produtos ecolóxicos e artesanais, Produart é o fiel reflexo dos valores da sustentabilidade dos nosos recursos pesqueiros, tradición artesanal e patrimonio cultural. Así, dende esta plataforma búscase o desenvolvemento dos sectores relacionados con outra forma de produción non agresiva: a ecolóxica e a artesanal. Buscamos promover entre os nosos visitantes as ideas de sustentabilidade e de respecto ao entorno, servindo ademais como reclamo da actividade turística da zona, que busca a calidade e apostar por estes xeitos de vida. O apoio e promoción dos produtos locais, artesanais e tradicionais, e tamén aqueles produtos anovadores que difunden e recuperan a cultura ecolóxica, son outros dos nosos obxectivos. +INFO https://expomar.com/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar