Campus de Pontevedra (Universidad de Vigo)
Campus Universitario da Xunqueira, s/n, 36002 Pontevedra, España - Pontevedra Ver web
Proxección do documental sobre sanidade pública:
“DEP-Destruír É o Plan”
Interveñen: Xosé Ramón Branco Sueiro (médico de familia, directivo do Ateneo de Pontevedra), Isa Rey (autora do documental), Juan Loureiro (voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra) e Manuel Martín García (voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia)
Día: martes, 14 de maio de 2024
Hora: 19:30
Lugar: sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11)
O Ateneo de Pontevedra organiza a proxección do documental DEP-Destruír É o Plan, realizado por Isa Rey para a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.
Tralo visionado, celebrarase un coloquio aberto ao público asistente con todos os participantes: Isa Rey, Juan Loureiro, Manuel Martín García e Xosé Ramón Branco Sueiro.
O acto terá lugar o vindeiro martes, 14 de maio, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Sobre o documental
DEP-Destruír É o Plan é un documental creado pola Plataforma SOS Sanidade Pública sobre os motivos polos que a morte evitable está aumentando en Galicia. Un video ameno e áxil que conta coa colaboración de expertos e profesionais sanitarios así como entrevistas con testemuñas que están a sufrir as consecuencias do colapso do noso sistema sanitario.
As temáticas que aborda o documental da plataforma en defensa da sanidade pública galega son:
AS LISTAS DE ESPERA
As listas de espera e a mortalidade evitable
As listas de espera ocultasOS AMIGUISMOS
Marcial Dorado e o gasoil para os hospitais
A irmá de Feijoó e EULEN
A xerente do SERGAS , conflicto de intereses e hospitais privados
Amiguismos e oposicións amañadasNON HAI MÉDICOS
AS AMBULANCIAS
SEN PEDIATRAS
AS PRIVATIZACIÓNS
Camas pechadasSEN PLAZAS NAS RESIDENCIAS DE MAIORES
Non hay prazas nas residencias 5 anos de esperaOS PRESUPUESTOS INCUMPLEN AS INDICACIÓNS DA ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAUDE
Os presupuestos e a OMSA ILP
Duración do documental: 71 min.
Enlace vídeo: https://vimeo.com/912037919
SOS Sanidade Pública é unha plataforma de profesionais do sector sanitario que, apoiados por todo tipo de entidades e colectivos, traballan sen ánimo de lucro para resolver os problemas do Sistema Público de Saúde “xerados pola irresponsable xestión destrutiva da Xunta de Galicia, que desde hai anos reduce o gasto da sanidade sen ningunha xustificación mentres aumenta o gasto noutras consellerías moito menos prioritarias para o interese xeral da poboación. Como cosecuencia estanse eliminando facultativos e servizos, estanse a pechar centros de atención primaria e alonganse as ocultas listas de espera nos hospitais mentres se subcontrata, privatiza ou deriva o servizo á sanidade privada”.
COLABORA: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Campus Universitario da Xunqueira, s/n, 36002 Pontevedra, España - Pontevedra Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar