19:30
Conferencia: “Filosofar en tempos de Platón e filosofar hoxe”, por Domingos Antom Garcia Fernandes

Conferencia: “Filosofar en tempos de Platón e filosofar hoxe”, por Domingos Antom Garcia Fernandes

Seminario Permanente de Filosofía

Conferencia:

“Filosofar en tempos de Platón e filosofar hoxe”

Relator: Domingos Antom Garcia Fernandes (doutor en Filosofía)

Día: martes, 24 de outubro de 2023

Hora: 19:30

Lugar: sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11)

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia Filosofar en tempos de Platón e filosofar hoxe, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 24 de outubro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Sinopse

Domingos Antom Garcia adianta que, durante a conferencia Filosofar en tempos de Platón e filosofar hoxe. A caverna de Platón e a nosa caverna, “será realizada uma leitura livre de aquila caverna em que os prisioneiros, virados de costas para a entrada e algemados de pescoço e pernas, olham apenas para uma parede traseira. Tudo o seu mundo seriam as imagens projetadas em tal muro e os ecos que som ouvidos. E isto fai-nos pensar em que na nossa caverna neoliberal também estamos amarrados a um mundo de apariências dentro duma combinaçom de quadros económicos, sociais, políticos e simbólicos. Estamos sujeitados a uma classe social, a uma linguagem, a umas instituiçons (famílias, escolas, Estado, et cetera) que difundem um modo de ver; os mídia e Internet configuram tuda uma cosmovisom; assim mesmo o mundo do cinema e da TV, que permitem mirar sem que o nosso corpo esteja ali, som tuda uma insidiosa caverna. E sair dela é um processo de conhecimento que, ao modo platónico, arranca da doxa (opiniom) ou conhecimento daquilas imagens projetadas e também dos seres vivos e dos objetos conhecidos por uma fé sensorial, percorre um mundo hipotético (os dados dispersos dos sentidos devem ser submetidos ao proceder da ciência de face a formular teorias que coloquem ordem na multiversidade sensorial. Tratar de entender…). Mas outra etapa ainda é necessária: o conhecimento nom-hipotético, <<nóesis>>, a filosofia como um saber de ideias, um saber de segundo grau que vem de se apoiar em saberes prévios (de primeiro grau), de forma especial nos saberes científicos.”

Sobre o relator

Domingos Antom Garcia Fernandes naceu en Hermunde-Pol, na Terra Chá, a 21 de xaneiro de 1948. Frecuentou dez anos de estudos eclesiásticos no Seminario Diocesano de Lugo. Mestre de Primeiro Ensino pola Escola Normal de Lugo, licenciado e doutor en Filosofía pola USC. Foi profesor de EGB e catedrático de Filosofía no Ensino Secundario. Membro fundador da Aula Castelao de Filosofía, da cal foi portavoz e coordinador e na actualidade membro honorario. Foi profesor de Antropoloxía Xeral, Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Económica na UNED de Pontevedra. Foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en 2011, na docencia da materia de Ética e deontoloxía da comunicación audiovisual. Foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en 2018, na disciplina de Socioloxía: Sociedade, Cultura e Pensamento. Foi Presidente de Amig@s da Cultura de Pontevedra.

Foi profesor de Filosofía e de Ética no Graduado Universitario Senior da Universidade de Vigo.

Imparte un curso de Filosofía, de carácter anual, na Biblioteca Pública de Pontevedra.

É coautor dos libros Antom Losada. Teoría e Praxis (1984), Reflexons sobre a vida moral (1995), A Ética na que vives (1995). Coordinador de Para umha Galiza Independente. Ensaios, Testemunhos, Cronología e Documentaçom Histórica do Independentismo Galego (2000). Coparticipante en diversas colectáneas.

Participou como relator ou comunicador en numerosos congresos, seminarios e xornadas con temas como a filosofía marxista, os novos movementos sociais alternativos, o estatuto e as funcións da Filosofía, a problemática nacional en relación coa cuestión ecolóxica, etc.

Colaborou en distintos xornais e revistas e prologou diversos libros.

Foi colaborador asiduo da publicación trimestral Abrente e de Abrente Editora, alén de columnista de Primeira Linha en Rede, de Diário Liberdade e de https://kaosenlared.net/

COLABORA: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android