19:30
Conferencia: 'De liberdade, igualdade e xustiza', por Domingos Antom Garcia Fernandes

Conferencia: "De liberdade, igualdade e xustiza", por Domingos Antom Garcia Fernandes

Seminario Permanente de Filosofía

Conferencia:

“De liberdade, igualdade e xustiza”

Relator: Domingos Antom Garcia Fernandes (doutor en Filosofía)

Día: martes, 19 de marzo de 2024

Hora: 19:30

Lugar: sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11)

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia De liberdade, igualdade e xustiza, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 19 de marzo, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Sinopse

Domingos Antom Garcia resume con esta reflexión o contido da conferencia:

“O que é a Liberdade? De nom me perguntar, eu sei o que é. Mas, de me perguntar, nom sei como o explicar. É necessário distinguir entre liberdade-de e liberdade-para. Geralmente é usado no sentido de liberdade-de, porque estamos acostumados a resolver impedimentos reais ou possíveis. Estou livre para vagar polas ruas, já que nom há nenhum impedimento real, embora possa o haver. Estou livre para trabalhar, e procurar superar a preguiça que me toma, e de nom o fazer nom poderei culpar minha indolência, mas a responsabilidade terá sido inteiramente minha.

Porém a liberdade pode se referir assim mesmo à liberdade-para, o que tem a ver com o pressuposto filosófico, muito controverso, de que cada sujeito humano possui dentro de si os elementos precisos para se autodeterminar, para ser totalmente autônomo.

Alguns filósofos, como Baruch de Espinosa, nom acreditam que o sujeito tenha capacidade de se autodeterminar. Jean-Paul Sartre, ao contrário, defende que tudo homem nom é apenas radicalmente livre, mas está condenado a o ser, a tomar sobre si issa responsabilidade.

Uma certa ideia mundana, situada mais bem na perspectiva da liberdade-de, assume que o ser humano está numa encruzilhada de dependências: dependente de si mesmo (da própria cegueira), dependente do outro (de sua influência), dependente do grupo (da sua moldagem) e dependente cultural e politicamente do conjunto de ideias e de instituiçons nas que procuramos apoio e que internalizamos mais inconscientemente do que conscientemente.”

Sobre o relator

Domingos Antom Garcia Fernandes naceu en Hermunde-Pol, na Terra Chá, a 21 de xaneiro de 1948. Frecuentou dez anos de estudos eclesiásticos no Seminario Diocesano de Lugo. Mestre de Primeiro Ensino pola Escola Normal de Lugo, licenciado e doutor en Filosofía pola USC. Foi profesor de EGB e catedrático de Filosofía no Ensino Secundario. Membro fundador da Aula Castelao de Filosofía, da cal foi portavoz e coordinador e na actualidade membro honorario. Foi profesor de Antropoloxía Xeral, Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Económica na UNED de Pontevedra. Foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en 2011, na docencia da materia de Ética e deontoloxía da comunicación audiovisual. Foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en 2018, na disciplina de Socioloxía: Sociedade, Cultura e Pensamento. Foi Presidente de Amig@s da Cultura de Pontevedra.

Foi profesor de Filosofía e de Ética no Graduado Universitario Senior da Universidade de Vigo.

Imparte un curso de Filosofía, de carácter anual, na Biblioteca Pública de Pontevedra.

É coautor dos libros Antom Losada. Teoría e Praxis (1984), Reflexons sobre a vida moral (1995), A Ética na que vives (1995). Coordinador de Para umha Galiza Independente. Ensaios, Testemunhos, Cronología e Documentaçom Histórica do Independentismo Galego (2000). Coparticipante en diversas colectáneas.

Participou como relator ou comunicador en numerosos congresos, seminarios e xornadas con temas como a filosofía marxista, os novos movementos sociais alternativos, o estatuto e as funcións da Filosofía, a problemática nacional en relación coa cuestión ecolóxica, etc.

Colaborou en distintos xornais e revistas e prologou diversos libros.

Foi colaborador asiduo da publicación trimestral Abrente e de Abrente Editora, alén de columnista de Primeira Linha en Rede, de Diário Liberdade e de https://kaosenlared.net/

COLABORA: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android