13:00
Mil maxias máis  4.0

Mil maxias máis 4.0

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
A maxia en esencia é un xogo e con ela podemos facer que as palabras aparezan, desaparezan, se transformen ou mesmo leviten diante dos nosos propios ollos. Nesta proposta máxico-teatral non faremos trucos de mans, non desviaremos a atención, non faremos aparecer coellos. Faremos maxia da boa a partir das nosas palabras, da nosa historia, do noso patrimonio cultural material e inmaterial.

Mil maxias máis é un espectáculo de maxia dirixido ao público familiar para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que os espectadores lembren a importancia que ten a palabra en galego. Os espectadores verán aparecer por arte de maxia e con todo o seu valor simbólico: landras, amorodos, lóstregos, bolboretas e moitas, moitas vasoiras para que todos e todas poidamos voar coa maxia do mago Antón e a da nosa lingua.

O continente deste espectáculo é un teatro sobre rodas: o magomóbil. Trátase dun vehículo expresamente deseñado para a presentación de espectáculos de maxia de cerca e de salón.Conta con grupo electróxeno propio de 40 caveas, aire acondicionado, son, canón de luz, pantalla de proxección, proxector e outros dispositivos técnicos que o converten nun espazo idóneo para este tipo de iniciativa cultural.Este vehículo, de 13 metros de longo, ten unha capacidade para 70 espectadores por función e faranse 4 funcións de 50 minutos para completar un aforo de 280 espectadores.

Entrar no magomóbil para presenciar Mil maxias máis será como abrir un libro de marabillas, entrar nun mundo fascinante onde todo xira arredor da maxia da palabra. Mil maxias para mil primaveras.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android