21:00
Treides Comigo! concerto de Xoan Curiel

Treides Comigo! concerto de Xoan Curiel

Treides Comigo! é un espectáculo de Pop Medieval cunha moi boa acollida de prensa e público, ao fío do sétimo disco de Xoán Curiel co mesmo nome. Novo e vello ao mesmo tempo, unha fusión do antigo e do contemporáneo, unha visión orixinal, didáctica e diferente de presentar as cantigas da lírica medieval galego-portuguesa neste século XXI.

Neste concerto o compositor e cantante Xoán Curiel achega a figura de trobadores dos diversos camiños de Santiago. Xoán pon música ás cantigas que deixaron escritas hai case un milenio co propósito de ofrecer unha actualización ou renovación das mesmas, aportando a súa propia visión contemporánea, persoal e creativa.

O disco ten un gran valor engadido polas aportacións das figuras musicais que aparecen no mesmo: Carlos Castro, Abraham Cupeiro, Rui David… Destacan neste directo instrumentos como arpa, frautas e percusións de pel, que xunto coa lírica, a fonética medieval e as historias que contaban nestas cantigas, xeran a particular atmósfera que consegue este álbum.

Elenco artístico do espectáculo:

Xoan Curiel (guitarras e voz)

Iris Gey (voz)

Carlos Freire (percusión)

Bleuenn Le Friec (arpa)

Alex Salgueiro (frautas)
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android