10:00
Cinemóbil de José Gil

Cinemóbil de José Gil

En 1929 José Gil, un dos pioneiros do cinema en Galicia percorría a nosa provincia co seu Cinémobil para amosar as súas películas.
Hoxe Vía Lactea filmes percorren novamente a provincia para recurperar a memoria do seu cinema e do seu legado, no que A Guarda tivo unha destacada presencia.

José Gil (Rubiós-As Neves, 1870-1937) foi un fotógrafo e pioneiro do cinema galego que realizou máis de 150 filmes entre 1910 e 1936, principalmente no sur de Galicia.

Foi tamén un home singular, comprometido, sempre á última das innovacións artísticas e tecnolóxicas do seu tempo, entre elas a creación do Cinemóbil co que percorreu Galicia para presentar os seus filmes.

Co proxecto JOSÉ GIL. PONTEVEDRA, PROVINCIA DE CINE, NA ORIXE DO CINEMA, que desembarca os venres 17 e sábado 18 de marzo na Guarda, pretendemos reparar o esquecemento sobre a súa vida e a súa obra, dalo a coñecer á veciñanza e á comunidade educativa da vila, e poñer en valor o legado deste grande precursor cuxa obra atopa equivalencias na doutros pioneiros do cinema nos territorios periféricos da cinematografía mundial a comezos do século XX.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android