18:00
Quixote

Quixote

Quixote é o segundo espectáculo de Pedras de Tarxeta. Nesta ocasión afrontan o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, afrontan as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho. Un Velocípedo no que vai montado Quixote será o Rocinante, e un triciclo no que irá montado Sancho será o peculiar Rucio, o asno de Sancho Bandullo. Ambos os elementos fabricados en bambú. No fondo colgará un pano azul que cubrirá todo o escenario e sobre o que se xogarán as escenas de día ou noite. * A montaxe, pode realizarse en Sala, en rúa e mesmo ten unha adaptación para accións de rúa / pasarrúas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android