22:30 hasta las 22:30
Mar de Blues | Praza do Reló (A Guarda)

Mar de Blues | Praza do Reló (A Guarda)

Mar de Blues nace para facer da Guarda un lugar con atractivo culturalmente ao redor da música en directo.

O festival terá lugar na Praza do Reló, aos pés da torre que formaba parte da antiga muralla medieval que foi reconstruída en 1730. Sen dúbida, un recuncho cheo de maxia para gozar do Blues, Soul...

Marcos Coll é un dos máximos representantes do Blues nacional e internacional. Ademais, é fundador xunto a Adrián Costa do mítico Os Reyes do KO. Un músico que colabora con innumerables bandas gravando discos ou subíndose ao escenario con eles.

Javier Turnes é un músico que leva máis de vinte anos en escena á fronte da Bakin Blues Band, banda compostelá que tocou xuntos grandes nomes do blues, soul e rhythm and blues como: Barbara Lynn, Bonney Fields, Greg Izor, Edu Bighands, Trudy Lynn, Marcos Coll ou Emilio Arsuaga.

Jay Doe and Blues Preachers: esta banda é puro blues, que sempre se condimenta cunha dose de Rhythm and blues, country e jazz.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android