19:30
Relatorio arredor do libro 'El príncipe de las castañas. 40 años en la calle', de Paco Pazos

Relatorio arredor do libro "El príncipe de las castañas. 40 años en la calle", de Paco Pazos

Relatorio arredor do libro:

“El príncipe de las castañas. 40 años en la calle”

Autor: Paco Pazos (castañeiro, escritor)

Interveñen: Antón Sobral (artista, directivo do Ateneo de Pontevedra) e Paco Pazos

Día: xoves, 21 de decembro de 2023

Hora: 19:30

Lugar: librería Metáfora (rúa de Paio Gómez Chariño, 9)

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro El príncipe de las castañas. 40 años en la calle, de Paco Pazos, publicado por Ézaro Ediciones.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 21 de decembro, ás 19:30 horas, na librería Metáfora. O autor estará acompañado por Antón Sobral.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Da obra

Relata Francisco Pazos Campos, Paco Pazos, como “o libro El príncipe de las castañas. 40 años en la calle vai das orixes da implantación por parte de meu pai, Valentín Pazos Recamán, da locomotora asadora e a continuidade familiar ao seu arredor, pois detrás de min non vén relevo -a filla estuda Bioloxía-, e pareceríame unha traxedia que desapareces este legado de feitos acontecidos o longo de todos estes anos”.

E continúa, “ademais e un agasallo que eu lle fago ao pobo de Pontevedra e mais ao mundo, pois detrás destas revelacións escondese un gran ciclón que pretende dar un xiro maxistral á orde universal, para que colla o rumbo que nunca colleu e polo que todos estaríamos chispeantes de alegría se así fose. Eu non teño dúbida de que así sucederá, inda que o prezo é elevadísimo. Por que vai a cambiar el mundo? Porque conto todo: nese libro fálase da morte, da vida, do racismo, de política, do ser humano, de sexo, de mil experiencias que aquí pasaron e que nin ti crerías”.

COLABORA: librería Metáfora.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android