01:00
Relatorio arredor do libro 'El tiempo, la mirada y la palabra', de José Luis Outes Ruso

Relatorio arredor do libro "El tiempo, la mirada y la palabra", de José Luis Outes Ruso

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Relatorio arredor do libro:

“El tiempo, la mirada y la palabra”

Autor: José Luis Outes Ruso (escritor, catedrático de Economía)

Interveñen: Xaime Toxo (escritor, presidente do Ateneo de Pontevedra), Juan José Guirado Fernández (arquitecto, membro da Dirección do PCG) e José Luis Outes Ruso

Día: mércores, 15 de novembro de 2023

Hora: 19:30

Lugar: librería Metáfora (rúa de Paio Gómez Chariño, 9)

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro El tiempo, la mirada y la palabra, de José Luis Outes Ruso, publicado por Medulia Editorial.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 15 de novembro, ás 19:30 horas, na librería Metáfora. O autor estará acompañado por Xaime Toxo e Juan José Guirado Fernández.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Da obra

El tiempo, la mirada y la palabra farate pasar da diversión, á reflexión, da tristura ao entusiasmo, con experiencias humanas, que tratan cuestións históricas e culturais de proxección universalista e mesmo exótica. O fío condutor é sempre unha profunda meditación sobre o ser humano, coas súas grandezas e as súas miserias, omnipresentes en todos os pobos e culturas.

Froito de vastas e sedimentadas lecturas con referencias a diversos autores, os relatos van desde o humor e a intelixente ironía da “Obertura Giocosa”, aos doce contos de “La Mirada del Viajero”, unha especie de caderno de viaxes dun observador sensible e minucioso. Séguenlle as seis ficcións, unhas tráxicas, outras xocosas e até sarcásticas, de “Memorias de la Pandemia”. Finalmente, en “Los Disfraces del Yo” atopamos sete relatos que falan de amor, de inxustiza e de discriminación nas súas múltiples formas, e que finalizan nunha historia máis reflexiva, case un ensaio, titulado “El mundo de Fermín”.

En todas as historias, e a pesar de estar enmarcadas en escenarios difíciles, crueis, e mesmo inverosímiles, o amor nas súas diversas formas e roupaxes, sempre atopa físgoas para florecer e ofrecernos unha luz de esperanza ao final de tanta escuridade.

É un libro singular que busca fundamentalmente entreter e lógrao eficazmente polo seu estilo desenfadado e directo. Con todo, consegue tamén concienciar e sacudir ao lector, “abrir ollos e mentes”, a través da súa profunda actitude ética de compromiso e solidariedade cos que “sofren” a Historia.

Do autor

José Luis Outes Ruso. Santiago de Compostela (1943). Estudou na Universidade de Maguncia e doutorouse na Universidade Politécnica de Aquisgrán, Alemaña. Como Catedrático de Economía da Universidade de Vigo publicou artigos e libros da súa materia.

Viaxeiro impenitente, desfruta doutros países e costumbres das súas xentes e da natureza, a música e a lectura. Froito das súas estancias en Asia, Norte de África e Latinoamérica, incorporou ao seu acervo persoal numerosas vivencias onde o factor humano é o referente principal. Preocupado pola situación económica e social de países hoxe empobrecidos é un decidido defensor do seu desenvolvemento e as súas culturas ancestrais, aspectos que impregnan a súa obra literaria.

No ano 2005 recibiu un accésit polo seu conto La calle es de ellas, no Certamen Internacional de Relatos Cortos organizado polo Colectivo Les Filanderes de Langreo (Asturias). Este mesmo ano 2023 publica o libro de poemas Las cenizas del tiempo (Editorial Atrapasueños). Recentemente publicou un libro de relatos titulado El Tiempo, la Mirada y la Palabra (Medulia Editorial).

COLABORA: librería Metáfora.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android