Á temperá idade de 10 anos comeza a tocar a guitarra inspirado por bandas como Rolling Stones, Deep Purple, America etc. Pouco despois comeza a fixarse noutras bandas máis contundentes como Iron Maiden, Metallica ou AC/DC. Mentres segue educándose como guitarrista, estuda harmonía e composición e empézase a formar como cantante.
Aos 15 anos sóbese por primeira vez a un escenario coa súa primeira banda Purgatory que pasaría a chamarse REOS, coa que gravan 2 discos, telonean a bandas como Obús, e participan en diferentes festivais, granjeándose un nome dentro do metal underground.
En 2008 movido por outras inquietudes musicais forma Stoned At Pompeii, banda que mestura diferentes estilos e influencias facendo un Rock Alternativo moi persoal.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar