22:00
Los Hermanos Cunha

Los Hermanos Cunha

Os Irmáns Cunha presentan no seu repertorio versións de diferentes grupos e estilos de todas as épocas como pode ser cancións e éxitos de toda a vida como Louis Armstrong, Dyango e Pimpinela, Elvis Presley, Antonio Machín, The Platters, Julio Iglesias, Raphael, Joan Manuel Serrat? e mesmo personaxes da contorna televisiva ou de actualidade tampouco se libran do seu fino sentido do humor, como a Duquesa de Alba, Boris Izaguirre, O Rey, Jose Luís Moreno.

Dous grandes músicos e artistas da nosa cidade que prometen un gran show musical que non che podes perder. Tamén poderemos escoitar temas máis propios con variadas tesituras e ritmos, clásicos, pop, rockeiros, baladas e máis, interpretando algúns en italiano, francés, inglés ou portugués.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android