22:00
Tono Alcalde

Tono Alcalde

O estilo que marcou a carreira de Tono Alcalde está marcado principalmente polo flamenco e a rumba, con todo, tamén experimenta coa fusión, o blues, pop, a música internacional, o jazz ou a instrumental. Os seus coñecementos sobre a música levárono a triunfar internacionalmente e a auto producir cada un dos seus álbums. 

Na súa traxectoria como artista publicou cinco discos auto producidos: No Todo Se Lo Lleva El Aire, De otra Manera, En tu Mirada , Próximo Destino e Mar de ti.

O seu talento coa guitarra foino adquirindo de maneira autodidacta, creando a súa técnica única, coas cordas da guitarra ao revés. Desde o ano 2006 á actualidade, Tono Alcalde estuda harmonía contemporánea no Ateneo Jazz de Madrid co mestre Félix Santos Guindel.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android