22:00
Delta Blues

Delta Blues

Delta Blues Dúo é un proxecto composto polo guitarrista e cantante JAY DOE e o armonicista RAY FIGUI no cal debullan temas Delta Blues e Country Folk americanos. 

Ramón Figueira é un experimentado armonicista da escena de blues galega,compoñente, entre outros, de bandas como The Lákazans, Andhrea & the Black Cats e Sabela & the Heartbreakers.

Javier Casal, deixa escapar o seu alter Ego máis blusero co nome de Jay Doe. Versións de Robert Johnson, Jimmy Reed, Muddy Waters, Big Bill Broonzy, Elmore James, combinándoas con temas máis populares de Clapton ou os Stones e facendo algunha incursión en temas de películas moi coñecidos pero sempre en torno ao Blues, Rithm and blues, country e escarceos co swing e jazz.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android