22:00
Sabela Cereijo

Sabela Cereijo

Sabela Cereijo comeza a súa carreira musical en Galicia no ano 2002, sendo membro de formacións musicais como Allegreison (primeiro Coro Show galego), Broken Peach ou Edusa e gravando o seu primeiro disco 29, de mans de Nani García, e no que colaboran grandes artistas como Carmen Rey ou Javier Ferreiro.

No ano 2006 vaise a Madrid onde comeza a súa andaina no Teatro Musical traballando xunto a Nacho Cano en Hoy no me puedo levantar, en teatro clásico con Jorge Lavelli, Ernesto Alterio e Juan Luís Galiardo, nunha marabillosa versión de Edipo Rey para o Festival de Teatro Romano de Mérida, e en musicais infantís como En tu fiesta me colé ou Ángeles desangelados de Teo Cardalda.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android