18:00 hasta las 20:00
LUGO - Qué esperas da nova Lei de Infancia de Galicia?
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Continuamos cunha nova actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS".
“Que esperas da nova Lei de Infancia de Galicia?”
Fai unhas semanas a Xunta anunciou a posta en marcha da nova Lei de Infancia de Galicia. Nela din que incluirán a posibilidade de que as familias de acollida poidan adoptar aos menores ao seu cargo e que abrirá a lista única, onde adopcion e acollemento iran da man.
Que pensas?
Que incluirías no novo texto?Esperámoste!! Queremos coñecer a túa opinión para realizar a mellor das achegas a esta nova lei e tentar que inclua todalas cuestions que dende as familias adoptivas e acolledoras consideremos importantes.
DATA: 21/04/26
HORA: 18:00 a 20:00
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37. Lugo.Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 3º martes de cada mes estaremos en Lugo.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia



