Continuamos cas actividades presenciáis do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Lugo, cunha actividade sobre:
UNHA EXPERIENCIA DE ADOPCIÓN : "MAMÁ, XA NON TES QUE FACER UN MONÓLOGO" -I-
Que acontece cando as nosas pequenas e pequenos medran? Que medos nos abordan? Que preguntas nos facemos? Cumplíronse as nosas expectativas?
Este obradoiro pretende ser un encontro entre dous puntos de vista diferentes, entre unha filla e unha nai, no que abordaremos temas como a importancia de tratar a adopción coas nosas fillas/os, o contacto directo e coñecemento das orixes , a búsqueda de información necesaria que os pais precisan obter para poder educar e educarnos, e a comunicación como nexo entre os integrantes da familia.A cargo de:
GABRIELA LEGASPI
Filla adoptiva, nacida en Cusco - Perú. Integrante da Asociación Manaia e responsable de Manaia Moza.SUNSA GORMAZ
Nai adoptiva. Licenciada en Pedagoxía, profesora de Memoria para a Terceira Idade e profesora de Tai-Chi.DATA: 17/09/24
HORA: 18:00 - 20:00
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37. LugoComa sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 3º martes de cada mes estaremos en Lugo.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar