Seguimos cas actividades do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Lugo cun coloquio sobre:
- Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS?
Levamos xa 10 anos poñendo en marcha o "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS e pensamos que é hora de analizar o feito e falar do que esperamos del para o 2026, e ninguén mellor que as persoas que vides as actividades para facelo.
Son os espacios e os horarios axeitados?
En que temas estamos interesadas?
Que tipo de actividade e a mellor: obradoiro, charla, coloquio?
Poderíamos montar un GAM (Grupo de Axuda Mutua)?Estas e todas as cuestións que se vos pasen pola cabeza poderémolas falar nesta actividade. Non o perdades, lembrade que: “Se queres ir rápido, camiña só; pero se queres chegar lonxe, camiña acompañado” (proverbio africano)
DATA: 20/01/26
HORA: 18:00 a 20:00
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37. Lugo.Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688927124.
Lembrade que todos os 3º martes de cada mes estaremos en Vigo.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción e acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar