INAUGURACIÓN | "El mico blau" | Edu Gil | Xoves 12 de marzo ás 19:30
A mostra propón un percorrido pictórico no que a imaxe aparece como un elemento en tránsito, nunca pechado nin completamente resolto. A través de operacións de repetición, fragmentación e cambio de escala, Edu articula un diálogo entre o que acontece dentro e fóra do bastidor, explorando a relación entre mirada, desprazamento e narración.
A inauguración terá lugar o xoves 12 de marzo ás 19:30 h, na galería NÉBOA (Lamas de Prado 31, Lugo)
El mico blau
Se puidese estender a miña man e estirarme e estirarme, elástico, cun brazo longo cara a ti, sería algo parecido a el. Como ver o lanzamento dun proxectil dilatado no tempo, unha frecha que se dispara mentres chega coa punta dos dedos. E tamén o sería estar no principio e no final e no medio, este, ese e aquel, todo todo o tempo. Así é o mono azul, que por iso se fai tan estraño. É demostrativo e no seu centro, en parte, coloco o feito de que é estraño, marciano, coa súa propia lei da gravidade. Auto xustifícase pola súa condición e causa. Simplemente existe grazas a ela, que o pintou, e entón eu repítoo.
A peza chamada Isabel, que organiza este encontro doutras pezas, é unha homenaxe a un traballo en particular (Mozo con diábolo, 2003–2005) e ao conxunto da obra da pintora Isabel Baquedano (1929–2018). É un cadro que é unha ponte. Unha pasarela. Pode que facer isto así sexa colocar un xesto de agradecemento nunha especie de cámara de eco. Amplificar unha mensaxe, dicila outra vez e durante máis tempo e con máis importancia. Ese xesto é o primeiro, e o resto ségueno como unha cola; colócanse ao seu redor con naturalidade, facéndolle compañía na sala.
Edu Gil Alsina
www.galerianeboa.com
Horario: L - V de 11 a 14 | 17 a 20. Sábados 11 a 14
Lamas de Prado 31, Lugo
info@galerianeboa.com
T. 626 324 281
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar