19:30 hasta las 20:00
Inauguración: "a sweaty dispersal into the fog"
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
INAUGURACIÓN | NÉBOA | ANDREA DAVILA RUBIO O xoves 3 de xullo ás 19:30 inauguramos unha exposición moi especial: a sweaty dispersal into the fog, de Andrea Davila Rubio, comisariada por Nuria López Blanco. A través dunha práctica escultórica guiada pola intuición e o comportamento do material, Andrea Davila investiga como o corpo —entendido como corpo de auga, poroso e permeable— pode activar vínculos afectivos coa materia, o vexetal e o espazo. O seu traballo propón unha ruptura coas xerarquías entre o humano e o non humano, formulando novas formas de convivencia baseadas no coidado, a reciprocidade e a transformación mutua. Agardámoste o xoves 3 de xullo a partir das 19:30 na Rúa Lamas de Prado 31 (Lugo) para celebrar xuntos/as a derradeira inauguración da tempada 2024/2025. Andrea Davila Rubio (Boiro, 1995) é Doutora en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo (2025). En 2021 completou a súa formación como investigadora predoutoral no Departamento de Filosofía do Boston College (Boston, EE. UU.) grazas a unha bolsa Fulbright-Xunta de Galicia. Ademáis, en 2025 foi becada polo Centro de Arte Fundación María José Jove para cursar o Máster en Belas Artes no Institute Art Gender Nature (IAGN) da HGK-FHNW University de Basilea (CH) durante os cursos 2025–2027. Desde unha mirada crítica e situada, o seu traballo propón unha ruptura coas xerarquías tradicionais entre o humano e o non humano, expoñendo formas de convivencia e coidado nas que o corpo e a súa contorna comparten unha mesma lóxica de transformación mutua. A través da súa obra, a artista explora como a práctica escultórica pode converterse nunha forma de estar no mundo, e como o corpo é capaz de activar vínculos afectivos e materiais cando se entrelaza con elementos da paisaxe, así coma outros de vida cotiá. Nos seus traballos, o corpo deixa pegadas, pero tamén é modelado polo que toca e convértese nunha superficie viva que acolle e se deixa afectar. A súa produción máis recente afonda nesta conexión entre corpo e materia, e propón novas formas de imaxinar a coexistencia interespecie desde o artístico. Entre as súas exposicións destacan: A Friend of a Friend of a Friend, der TANK (Basilea, CH); A que me refiero cando falo de corpo, Sarao Studio (Ferrol); Algo que brilla... ao final do bosque, Bienal de Arte Contemporánea, Fundación Sales (Vigo, 2024); atravesar o xardín / entre as dúas esquinas, Feira de Arte Culturgal (Pontevedra, 2023); Corpo, afectos, territorio, Centro de Arte Contemporáneo de Huarte (Pamplona, 2023); Snapshots de Chantada, Os Casares, Galería Vilaseco (Lugo, 2022); Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense, 2022); Feira de Arte Culturgal (Pontevedra, 2021); Novos Valores, Museo de Pontevedra (Pontevedra, 2020). Ademais, realizou residencias artísticas na Fundación Walter & Nicole Leblanc en Bruxelas (BE) e no Centro de Residencias Artísticas de Matadero Madrid, grazas á Diputación de Pontevedra en colaboración ca 32ª Bienal de arte de Pontevedra; en Atelier Mondial en colaboración co Institue Art Gender Nature (IAGN) da HGK de Basilea (CH) a través do programa internacional de arte do Museo de Pontevedra; en 12Miradas da Galería Vilaseco en colaboración ca Fundación María José Jove (Lugo, 2021), en Residency Unlimited (Nova York, 2021), e recibiu bolsas e premios da Universidade de Vigo (bolsa predoutoral, 2020–2023), da Deputación da Coruña (bolsa de investigación, 2023–2024), da Deputación de Ourense (primeiro premio do XVI Certame de Artes Plásticas, 2021) e da Deputación de Pontevedra (premio do Certame de Artes Plásticas Novos Valores, 2020). As súas obras forman parte das coleccións da Deputación de Ourense e da Deputación de Pontevedra.



