Asociación Veciñal de Canido | Centro Cívico de Canido
Rúa Poeta Pérez Parallé, S/N - Ferrol Ver web
Continuamos cunha nova actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Ferrol.
"Por qué acoller?"
O acollemento familiar é unha das mellores medidas de protección á infancia. Nesta actividade falaremos dela, de que aporta ás nenas e nenos e de calquera cousa relacionada con ela na que esteades interesadas. Ademais contaremos coa experiencia dunha familia acolledora.
DATA: 26/03/26
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Centro cívico de Canido, Rúa Poeta Pérez Parallé, 15401 Ferrol.Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 4º xoves de cada mes estaremos en Ferrol.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia
Rúa Poeta Pérez Parallé, S/N - Ferrol Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar