Asociación Veciñal de Canido | Centro Cívico de Canido
Rúa Poeta Pérez Parallé, S/N - Ferrol Ver web
Continuamos en Ferrol con esta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" que leva por título:
NON TEMOS AS RESPOSTAS, PERO ACEPTAMOS AS PREGUNTAS
A adopción e o acollemento familiar son dúas das mellores medidas de protección á infancia e na súa aplicación transfórmanse as nosas vidas e a das crianzas que transitan por elas.
Nesta actividade poderemos contar co testimonio dunha familia, falaremos dende a experiencia, do que estas medidas aportan ás nenas e nenos e de calquera cousa relacionada con elas na que esteades interesadas.DATA: 26/02/26
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Centro cívico de Canido, Rúa Poeta Pérez Parallé, 15401 Ferrol.ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 4º xoves de cada mes estaremos en Ferrol.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia
Rúa Poeta Pérez Parallé, S/N - Ferrol Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar