20:00 hasta las 23:00
SOLPORES EN CANIDO 2025 con Ferror Records

SOLPORES EN CANIDO 2025 con Ferror Records

O sábado 21 de xuño Temos a primeira cita desta quinta edición do Solpores en Canido con Ferror Records. Será coma sempre no Centro Cívico de Canido, co apoio da Asociación Veciñal de Canido, o Concello de Ferrol e Mahou.

Deseño: Elga Fernández Lamas.

20:00 Mentah 
Dúo ferrolano que canaliza a esencia máis pura e melancólica do indie ou o emo. Influenciados por referentes como podrían ser Karate, American Football ou Nada Surf, Mentah logrou darlle vida a un son que equilibra á perfección a nostalxia e a enerxía, todo envolto en emotividade fría e cautivadora. Acaban de publicar o seu segundo LP “Empty” con Radix Records.

21:00 Nutrias
Son un grupo de amigos pertenecentes á escena underground musical española, que tocaron e sacaron discos con grupos como Cuchillo De Fuego, Phantom Keys, Travesti Afgano, Peluquería Canina, Djalminha, ou Lobishome, entre outros... Pero as nosas principais influencias á hora de afrontar este novo proxecto non teñen case nada que ver co que facíamos anteriormente, xa que a nosa intención esta vez era a de facer algo na onda de grupos como The Bats, Toy Love, Juan Wauters, Jay Reatard, Beat Happening, Television Personalities, ou The Feelies, e algúns outros que editaron discos en selos como Flying Nun, Sarah Records, K Records etc.

22:00 Raquel Plata
Fiel devota da escea punk galega desde que teño uso de razón, coleccionista de vinilos e namorada dos ritmos xamaicanos deses que fan vibrar o peito. De cando en vez poño uns discos para tentar facer disfrutar a outros tanto como eu o fago cos sons clásicos do ska, rocksteady e early reggae. Neste ano dando forma a un club de tolos da música pasada de moda en Pontevedra baixo o nome de Dirty Old Town.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android