17:00 hasta las 19:00
FERROL - Coloquio: Que temos e que queremos das actividades?

FERROL - Coloquio: Que temos e que queremos das actividades?

Seguimos cas actividades do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Ferrol cun coloquio sobre:

- Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS?

Levamos xa 10 anos poñendo en marcha o "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS e pensamos que é hora de analizar o feito e falar do que esperamos del para o 2026, e ninguén mellor que as persoas que vides as actividades para facelo.

Son os espacios e os horarios axeitados?
En que temas estamos interesadas?
Que tipo de actividade e a mellor: obradoiro, charla, coloquio?
Poderíamos montar un GAM (Grupo de Axuda Mutua)?

Estas e todas as cuestións que se vos pasen pola cabeza poderémolas falar nesta actividade. Non o perdades, lembrade que: “Se queres ir rápido, camiña só; pero se queres chegar lonxe, camiña acompañado” (proverbio africano)

DATA: 22/01/26
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Centro cívico de Canido, Rúa Poeta Pérez Parallé, 15401 Ferrol.

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 4º xoves de cada mes estaremos en Ferrol.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android