20:30
LETICIA REY

LETICIA REY

Leticia Rey é unha cantante e compositora galega, orixinaria de Vila de Cruces e residente na Coruña, recoñecida polo seu estilo único e o seu xénero indefinido. Cunha técnica clásica como base, a súa música combina de maneira fluída jazz, pop, psicodelia e folk, ofrecendo unha experiencia sinestésica que crea un universo sensorial distintivo.

Nacido da transformación do sufrimento, vén ao mundo Danza Luz, un EP integramente en galego que xira arredor dun concepto tan manido como fascinante ao longo da historia da arte: a Sombra. Para levar a Sombra aos escenarios, non é suficiente coa música. Leticia sábeo e, envolta nun equipo de artistas sublimes, concreta os últimos detalles dun directo performático, no que mestura as súas cancións con danza, vestiario, escenografia e iluminación. O traballo artesanal de calidade, o corazón e a sinerxía entre persoas e creadores locais son o motor do proxecto, e o que elevará a Sombra a outro plano. Un latexo en directo.

lago Mourinho: Piano e arranxos
Vadím Yuchnevich: Acordeón e arranxos
Benxamin Otero: Corno inglés e arranxos, Traxectos
Estefanía Gómez: Dirección escénica, Dirección de movemento
Nacho Martín: Iluminación
Carolina Díguele: Escenografía

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/leticia-rey
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android