20:30
TAIBO

TAIBO

TAIBO

Rosalía Gómez Lasheras, Abe Rábade e Alejandro Vargas, pianistas aclamados polo seu virtuosismo e a súa capacidade de trasladar emocións en escenarios de todo o mundo, únense para dar forma a TAIBO. Esta proposta conxuga os seus particulares universos sonoros para celebrar a Luís Taibo, un extraordinario compositor e pianista compostelán, autor dunha obra que se cría perdida na súa maior parte. Este encontro de pianistas excepcionais conforma un espectáculo único: unha viaxe a un mundo descoñecido pero familiar e acolledor, tan desbordante de enerxía como profundamente lírico e intimista. Alén do musical, TAIBO tamén nos descubrirá o pensar e sentir do maestro compostelán a través do misterio da palabra poética cantada da man dunha voz convidada aínda por revelar.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/taibo
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android