21:45
CURTOCIRCUÍTO 2025 · LIVE AV · AMELIE DUCHOW

CURTOCIRCUÍTO 2025 · LIVE AV · AMELIE DUCHOW

CURTOCIRCUÍTO 2025 · LIVE AV

AMELIE DUCHOW · LOGOS MATER

Como soa un idioma máis aló do significado das súas palabras?
En que medida inflúenos o son dun idioma?
Como ecoa en nós o son dun idioma?

O proxecto Logos Mater de Amelie Duchow xorde dunha profunda reflexión sobre estas preguntas. A composición sonora de Logos Mater inspírase en diversos elementos fonéticos e acústicos vinculados á natureza intrínseca dos idiomas do mundo.
Amelie Duchow convida a persoas de todo o mundo para participar neste proxecto a través dunha páxina web na que calquera pode gravar a súa propia voz na súa lingua materna, deixándoa en mans da análise sonora da artista e do proceso creativo de manipulación e alteración resultante.

Todos os sons utilizados na composición sonora proceden das contribucións vocais, o que confire ao proxecto unha identidade única e en constante evolución. A composición de Logos Mater xorde nunha linguaxe global que non se expresa con palabras, senón con sons, buscando «falar» e conectarnos, polo menos por un momento, transcendendo as fronteiras culturais e xeográficas.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/curtocircu%C3%ADto-2025-%C2%B7-live-av-%C2%B7-amelie-duchow
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android