Teatro Principal de Santiago de Compostela
Rúa Nova, 21 - Santiago de Compostela Ver web
O obxectivo desta actividade é enriquecer o coñecemento sobre a historia da danza, visibilizar as sinerxías entre diferentes estilos, crear espazos de diálogo e debate que fomenten o pensamento crítico, colaborar coa comunidade abrindo as artes do movemento á cidadanía, reunir axentes do sector e contribuír a sensibilizar o público cara á danza contemporánea.
Nesta actividade con Laura Kumin desentrañaremos os elementos estilísticos, coreográficos e conceptuais da danza, promovendo desta maneira a comprensión profunda da creación artística para afondar na análise crítica de calquer obra de danza contemporánea.
Laura Kumin, formada como bailarina e docente nos Estados Unidos, foi asesora de danza da Comunidade de Madrid entre 1989 e 1995 e responsable de programación de danza do Teatro Pradillo de 1997 a 2011. Dirixe o Certamen Coreográfico de Madrid dende 1987. Socia fundadora da rede europea Aerowavese e académica da Academia de Artes Escénicas de España.
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/itinerarios-en-movemento-%C2%B7-an%C3%A1lise-dunha-peza-de-danza-con-laura-kumin
Rúa Nova, 21 - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar