20:00
EL CASCANUECES – BALLET CLÁSICO INTERNACIONAL

EL CASCANUECES – BALLET CLÁSICO INTERNACIONAL

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
EL CASCANUECES – BALLET CLÁSICO INTERNACIONAL

Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

26 Xaneiro 2026 20:00

Ballet Clásico Internacional

Na víspera dun Nadal inesquecible, unha xove chamada Marie emprende unha travesía chea de maravillas e misterio. Acompañada polo Cascanueces, se enfrenta ós  ratos malvados, baila entre os copos de neve e finalmente chega ó Palacio Máxico. Alí, todos os xoguetes cobran vida e bailan nuha festa inolvidable.

O Ballet Clásico Internacional é un proxecto artístico de Tatiana Solovieva Producciones, un equipo que leva 30 anos compartindo as mellores actuacións con España, respectando, honrando e difundindo a fermosa tradición do ballet clásico. As súas producións foron amplamente recoñecidas pola súa calidade, con tres premios ao Mellor Espectáculo de Danza do Teatro de Rojas de Toledo (2013, 2015 e 2018) e o Premio ao Mellor Espectáculo de Danza en Vigo en 2008, ambos escollidos por votación popular.

O director da compañía, Andrei Sharayev, traballou como solista en todo o mundo, dende o Teatro Nacional de Moldavia ata o Columbia Classical Ballet. Os solistas Tatiana e Nikolai Nazachevici foron solistas principais do Ballet Nacional Chineso e do Ballet da Ópera de Moldavia. Nikolai recibiu recentemente a Medalla de Artista Honrado de Moldavia. A solista ucraína Elizaveta Savina formouse na prestixiosa Escola de Ballet Bolshoi. A compañía tamén conta con varios bailaríns que se graduaron na Escola de Ballet de Milán, como Nicole Ferazzino, Erica Trabuio e Roberto Gadaldi.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android