Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Adultas
Idade recomendada: A partir dos 16 anos
Sinopse:
“Heroes en decembro” é unha conversa incómoda que é necesario ter. É unha batalla campal contra nós mesmas na que pretendemos poñer o foco nun dos grandes tabús da cotidianeidade. O programa terapéutico no que se enmarca o devir dos protagonistas cuestionará que sobrevivir non sempre devolve as ganas de vivir. Son necesarias a sorte, as ganas e un motivo ao que aferrarse.
Berta, escritora frustrada, atravésase o ventre cun coitelo de cerámica, porque son os que mellor cortan.
Agnes, sobrevivinte dos atentados do 11M precipita a súa cadeira de rodas escaleiras abaixo xusto despois de que a vexan masturbarse.
Xián, a pesar de estar a piques de saltar dunha altura de 50 metros, acobárdase cando ve que a ninguén lle importa.
Mar, traballadora social porque así o dí o seu título da carreira, traballa con suicidas para que a súa vida non pareza unha merda.
Esto é un convite a fedellar nunha ferida aberta. E un intento de suturala.
CONDICIÓNS
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar