20:30
Nas Nubes - Redrum Teatro

Nas Nubes - Redrum Teatro

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Adultas
Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:
Nun futuro non tan afastado, a tecnoloxía trasformouno todo… Incluso a forma en que lembramos o pasado. En Nas Nubes, Nexus e Rino guían a visitantes por un museo que exhibe estrañas reliquias da era predixital. O que comeza como unha sátira sobre o noso presente, pronto se converte nunha inquietante reflexión cando as bolboretas que emerxen dun bonsai comezan a lembrar que foron algo máis… Seres humanos? Monicreques?
Entre risos, surrealismo, números circenses e xogos de improvisación, este espectáculo lánzanos unha pregunta profunda: Que é real cando a propia lembranza desvanécese nas nubes?
Unha peza de teatro provocadora que nos enfronta ao impacto da tecnoloxía, á fraxilidade da identidade e á delgada liña entre o que somos e o que soñamos ser.

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
  • Data de posta á venda 14/10/2025 as 16:00h.


  • Fuente: https://entradaslugo.es/evento/nas-nubes?type=teatro
    Download App iOS
    VIRAL App
    Download App Android