Microaberto 26.11.2025 | 20.00h Facultade de Administración e Dirección de Empresas Lugo Cafetaría Inscrición ata o 21 de novembro Imaxe do cartel A primeira sesión de Microaberto deste curso, unha actividade incluída dentro da programación do Outono Cultural, será o 26 de novembro ás 20.00 horas na cafetaría da Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Podes inscribirte ata o día 21 de novembro e enviar as túas propostas a cultura.lugo@usc.gal para participar no microaberto. Pode ser unha canción, un monólogo, unha poesía, un texto, etc. Esta actividade enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar