Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
Entrega de premios do XXXI Maratón fotográfico da USC 05.11.2025 | 20.30h Edificio Intercentros Lugo As entidades organizadoras do XXXI Maratón fotográfico da USC, unha actividade incluída na programación do Outono Cultural, celebrarán o 5 de novembro ás 20.30 horas na Biblioteca Universitaria Intercentros do campus de Lugo a cerimonia de entrega dos premios do certame ao tempo que se inaugura unha mostra cunha escolma das fotografías presentadas ao certame. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar