Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
Programación do entroido 2026 Xoves 05/02, inauguración da exposición “Personaxes do Entroido Galego” de C. Padín no Vello Cárcere. A mostra conta con máis de 100 obras que amosa as personaxes máis características do entroido galego. Xoves 12 - 17:30 "Cé Orquestra Pantasma” no Mercado Municipal. Venres 13, pregón ás 20:00 na praza Maior, animado pola agrupación Condensadores de Fluzo. 21:30 Bloco Meigallo animará as rúas do casco histórico. Sábado 14 12:30 “AUCHH!” de Abraham Arzate na praza Maior, 17:00 Desfile infanti, que contará coa animación da Tambukda e “Malabarabilidades" a cargo de Fran Boza. 20:30 Tambukda polas rúas do casco histórico. Domingo 15 12:30 espectáculo “Frikis” de Mundo Costrini na Pza. Maior 18:00 Gala de circo Introitus, coas actuacións de Pakolas, Marta Sempre Arriba, Henriko e Martilda. Luns 16 12:30 espectáculo “Máximo Óptimo” de Máximo na praza Maior. 18:00 o Dúo Laos representará "Otros Aires" na praza Maior 21:30 Bloco Meigallo polo casco histórico. O Martes de Entroido 17/02 12:30 Brais das Hortas e o seu espectáculo “Consertasso na horta” na praza Maior 17:00 Desfile de disfraces para persoas adultas, coa actuación de Tambukda e Carta de ajuste. A xornada de peche do entroido, o mércores 18 de febreiro, será a quenda de Arturo Cobas co seu espectáculo “O mundo de Nono”. Pola tarde, as actividades continuarán ás 17:30 cun Concerto de Banda e Coro infantil da banda Filharmónica de Lugo, e o entroido pechará a partir das 20:00 co Enterro da Sardiña e o concurso de ferretes. A actividade sairá do Círculo das Artes e conta coa colaboración de Estoupacaldeiros e as actuacións de Orquesta Terra Nova e Orfeón Xoan Montes.
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar