11:00
Presentación do libro “Pegadas no Muro. Cultura Urbana e Arte nas rúas”

Presentación do libro “Pegadas no Muro. Cultura Urbana e Arte nas rúas”

Gratis
🎉 Primeira presentación do libro “Pegadas no Muro. Cultura Urbana e Arte nas rúas”

 📍 Adarve da Muralla de Lugo, xunto ao mural de Copora (A Castrexa)
 📅 Xoves, 11 de decembro 🕚 11:00 h

A USC presenta mañá xoves “Pegadas no Muro. Cultura Urbana e Arte nas rúas”, unha obra na que a EASD Ramón Falcón tivo a sorte de colaborar no seu xermolo.

Este proxecto naceu nun Curso de Primavera da USC, no que a EASD Ramón Falcón participou activamente. Ademais, a edición (impulsada por Milena Cortés e a nosa ex compañeira Patricia Cupeiro @patri_monia), inclúe unha ilustración da nosa profesora Emilia Rodríguez de las Heras @emidelasheras, polo que nos fai especial ilusión acompañar esta nova. 

O libro, impulsado pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC, institución coa que a nosa escola mantén unha relación estreita e habitual, ve a luz grazas a Alvarellos Editora, a Deputación de Lugo, e o Concello de Lugo.

Trátase dunha presentación simbólica, ao aire libre —como corresponde a un proxecto sobre arte urbana— e enmarcada na celebración do 25 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Desde a EASD Ramón Falcón queremos felicitar ás autoras e agradecer que nos teñan tan presentes neste camiño. Agardamos poder acompañar tamén as vindeiras presentacións previstas tras o Nadal, en horario de tarde.

O libro estará dispoñible nas librarías a partir do xoves 11 de decembro
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android