11:30
OBRADOIRO | ‘Olores e sabores da antiga Roma: descubrindo a domus a través dos sentidos’

OBRADOIRO | ‘Olores e sabores da antiga Roma: descubrindo a domus a través dos sentidos’

Gratis
Como cada ano, o Museo universitario Domus do Mitreo celebra o Nadal cunha programación de obradoiros dirixida ás familias. Neta ocasión, baixo o título ‘Olores e sabores da antiga Roma: descubrindo a domus a través dos sentidos’, convídase a descubrir o xacemento de forma interactiva. A través dunha percepción sensorial, deberase vincular olores, sabores ou sons coas distintas estancias do espazo museístico.

Estes obradoiros desenvolveranse ás 11.30 horas os días 27 de decembro e 3 de xaneiro, cunha duración de 35 minutos e unha visita guiada posterior. O acceso é gratuíto previa reserva da entrada no teléfono 610323926 o en museomitreo.lugo@fundacionusc.gal.

Con estes obradoiros a Domus do Mitreo  remata un ano moi intenso de celebración do seu 25 aniversario, que entre outras actividades contou cun coloquio internacional, un curso de verán, unha exposición, conferencias e actividades especiais.

+info
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/obradoiros-nadal-domus-mitreo-convidan-viaxe-sensorial
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android