Ela e El vólvense atopar, moito tempo despois. Ao longo da noite, tratarán de recompoñer as lembranzas do que foi a súa relación; os soños que compartiron, os medos que a truncaron, as ficcións que crearon e as cidades onde a imaxinaron xuntos
Casa da Cultura de Burela
Venres 19 de setembro de 2025 ás 21:00 horas
Entrada de balde
PROFETAS presenta o encontro dunha parella que xa non o é. Dúas persoas que fan balance da súa historia común por medio doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación estan presentes nunha peza que funciona como un xogo de agochados, de abismos e de saltos entre realidade e ficción. Un conto que se conta para contarnos.
Fuente: https://burela.org/es/profetas-0
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar