Auditorio de Galicia
Auditorio de Galicia. Avenida Burgo das Nacións s/n - Santiago de Compostela Ver web
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Armando Merino, director
José Manuel López López, profesor de composición
O Obradoiro de Composición RFG / RESIS.LAB forma parte da liña estratéxica da Real Filharmonía de Galicia para apoiar a creación contemporánea e impulsar o talento emerxente. Esta será a súa terceira edición, e a segunda en colaboración co Festival RESIS. Durante unha semana, novos e novas compositoras traballan conxuntamente cunha orquestra profesional, baixo a dirección do director Armando Merino e coa orientación do compositor José Manuel López López. O proceso comezará en outubro cun chamamento internacional para a presentación de obras —o ano pasado recibíronse máis de 60!— das que se seleccionan 6 ou 7 para desenvolver no obradoiro, e que serán interpretadas nun concerto aberto ao público. Para unha orquestra, poucas cousas hai máis estimulantes que descubrir e traballar con novos talentos.
En colaboración co Festival RESIS
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-obradoiro-de-composici%C3%B3n-%C2%B7-resis
Auditorio de Galicia. Avenida Burgo das Nacións s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar